martes, 14 de diciembre de 2010

Actividad 6

1.  Descripción da actividade.


Nos escollemos a actividade de pub-cafe-bar porque é o que mais se parece ao proxecto que nos estamos a levar a cabo , osea una cafetería. Ainda que é un local que abunda bastante pola zona da Costa da Morte a que nos queremos levar a cabo seria algo bastante inovador ainda que nas grandes cidades xa podemos atopar algun caso parecido.



2.  Características básicas da empresa.

Na nosa empresa necesitaremos un local , céntrico a poder ser , no noso caso situarémolo en Carballo na Rúa Fomento .Como persoal estaremos as propietarias, Raque Varela Cotelo e Noelia Eiris Bello , polo cal en principio descartamos ter que contratar a mais empregados pero dependendo da clientela que teñamos e outros factores contrataremos ou non a mais xente , en principio traballaremos as dúas soas . Entrando en temas económicos calculamos que necesitaremos de una inversión inicial de cerca de 100.000 euros .


3.  ¿Como é o mercado deste negocio na zona?

No nosa zona onde mais abundan os pubs-café-bar e en Muros, onde sobresaen os café-pubs ,en Vimianzo onde destacan as cervexerías xunto cos café-pubs ,en Cee onde se poden atopar mais dico-pubs que outras cafeterías aínda que ten unha gran variedade de bares e Camariñas onde sobresaen os café-pubs con abundante diferenza que de outro tipo de cafeterías ,ademais e aquí onde atopamos o maior número de bares da zona da Costa da Morte. Na nosa localidade, Carballo , hai bastantes cafeterías e pubs pero a nosa cafetería diferenciase das outras por ser unha chocolatería-heladeria, pouco común na nosa zona e que pode atraer a clientes curiosos ademais de a xente interesada polo delicioso chocolate e helados de diferentes zonas.




4.  Tipos e características dos clientes.

En relación cos clientes o que cabe destacar e que depende da hora do dia, por exemplo pola maña a primeira hora poderiamos ter clientes con intención de almorzar un pouco , loxicamente esta clientela non seria adolescente se non xente que ten que ir a traballar. Ao larga da maña poderiamos ter xente que para nos descansos do traballo. A media tarde, poderiamos empezar a ter moita mais xente que en calquera outra hora do dia, xa que esta hora e clave, moita xente sae de traballar e ten intención de ir a tomarse algo cos amigos, ou xente mais xoven tipo adolescentes que teñen a intención de ir a pasar un rato agradable cos amigos mentres que toman algo e se relaxan .Por iso, dependendo do momento do dia e incluso de que dia da semana que sexa poderíase ter mais clientela ou no ,non e o mesmo un luns que un venres ou un sábado incluso.



5.   Empresas competidoras

Aquí as demais empresas compiten para ter o maior numero de clientes posibles e así gañar o maior numero de cartos, para isto poden facer diferentes tarefas como poñer mais variedade de marcas, unha boa música nun lugar de copas ou a música ambiente nunha cafetería ou incluso unha zona de xogos para os xovenes.




6.   Características dos provedores .


Os provedores deben de ser fiables, xa que nunha cafetería debese de ter sempre de todo, para satisfacer as necesidades dos clientes a así gañarse a súa confianza. Para iso e recomendable ter sempre mais de uns cantos provedores a maiores aínda que sempre traballemos co mesmo, por se falla non quedarse sen os produtos, xa que isto é moi importante.




7. Situación actual e perspectivas de futuro dese sector.

-Con respecto as ameazas, este sector pode ter dificultades para obter a licenza de apertura,a competencia,a emigración de mozos, a dispersión da poboación cara outros lugares, as diferentes modas que poidan xurdir …
-As oportunidades poden ser diferentes , diversificación de servicio, especialización de servicios, horario de apertura, aumento de tempo libre e renda, incremento do turismo,
inexistencia de locais dirixidos a adultos…
-Referindonos aos puntos fortes, seria a diferenciación do noso local e a xente que traballa no local…
-Algúns dos puntos febles seria a baixa diferenciación de locais, pouca profesionalidade, a decoración do local, pouca oferta de bebidas especiais, poucas actividades complementarias nos locais, o lugar no que o situemos…


8.  Marketing.

-Aos nosos clientes podémoslle ofrecer todo tipo de bebidas, tanto alcohólicas como refrescos , pero nos estamos especializadas en chocolates á tazo de todos os tipos, chocolate branco , chocolate con abelás , chocolate con leite … 
Ademais de diferentes sabores de xeados, vainilla , fresa, turrón …
-Para marcar os prezos temos que ter en conta o prezo orixinal do produto que mercamos aos provedores, o prezo de outros establecementos semellantes ao noso …
- A nosa empresa darase a coñecer nos xornais e nas radios locais.



9. Instalacións.

Os maiores gatos que van a supoñer vai a ser o aluguer do local , que varia dependendo de onde estea situado na cidade e mercar algúns mobles , como frigoríficos , maquinas de café ,mesas…





10. Gastos anuais da actividade.
Concepto
Importe
Aprovisionamentos
32.033,28
persoal
38.043,98
arrendamentos
19.833,36
Mantenemento e reparacións
1.202,00
Subministración s
10.818,00
Outros gastos
2.163,00
Seguros
1.800,00
Servizos exteriores
4.800,00
Amortizacións
13.057,14
Gastos financeiros
3.770,00
Tributos
600,00
TOTAL
128.120,76




11.  Previsión de ingresos anuais.

Os ingresos anuais poden ser moi diferentes porque depende de as consumicións que se vendan durante todo o ano, pero para iso seria interesante levar unha conta mensual dos beneficios e ter en conta cales son os meses de mais auxe nas vendas.



12.  Resultado bruto da explotación.

Este resultado dependera do éxito e da saída que teño no mercado, se non chega a ter, xa non digamos moitos clientes, pero clientela o seu resultado será negativo, pero se o caso e o contrario e ten clientela o seu resultado será positivo, iso saberase co tempo que teña o local.


13.  Financiamento.

Os cartos necesarios para comezar o proxecto poderán vir de diferentes lugares , no noso caso poderemos pedir unha axuda a Xunta , a ademais contaremos con algún apoio financeiro dos nosos familiares e con cartos no noso peto .


14.  Formación dos empregados.

Os nosos empregados como mínimo terán que ter o graduado en ESO,Bacharelato e a poder ser un ciclo de hostalería, tamén seria recomendable o coñecemento de algún outro idioma e algunha outra experiencia laboral no sector da hostalería. Pero no noso local en principio non teriamos empregados, tan só nos.


15.  ¿Como conseguir axudas para o negocio?

No noso negocio as axudas que poderiamos pedir serian á Xunta, subencións aos diferentes bancos, axudas de familiares, axudas ao goberno, pero todos eles terán que ser devoltos.


16.  Centros nos que nos poderiamos formar.

Nos centros nos que nos poderiamos formar serian ciclos de hostalería ,carreiras de hostalería , de relacións publicas, en diferentes centros formativos .









1 comentario:

  1. A ver, poñer a foto da crise do 29, onde se lle daba ós desempregados café e donuts gratis, non me parece unha moi boa idea para promocionar o noso negocio. Non especificades os lugares de estudio e os lugares de inversión. Regular

    ResponderEliminar